Circular 19.20-01

Pais e nais dos alumnos e alumnas do Colexio Virxe da Pena da Sela benvidos e benvidas ó curso 2019-2020.

Queremos aproveitar a ocasión para pedirvos, tanto os que entrades este ano por primeira vez como os que xa temos algo de veteranía, un esforzo para facer da vosa ANPA unha asociación forte, e iso só se consegue coa vosa axuda. Este ano mantemos a cota de 12€ por familia, e que permitirá desenvolver actividades como as que fixemos en cursos pasados:

  • Visitas de contacontos, cine, entroido, Obradoiro Hora do Código, planetario, festas de fin de curso, mago, merendas...
  • Charlas e entrevistas: Redes Sociais e Menores: riscos e oportunidades con D. F. Suárez presidente do CPEIG, Drogodependencia, radio...

Como tamén disfrutar de servizos moi interesantes:

  • Servizo de autobús dende O Carballiño
  • Outras vantaxes, como carné de desconto

A cota poderase ingresar na conta IBAN ESXXXXXXXXXXXXXXX de ABanca de O Irixo indicando o “nome do pai/nai/titor ou rapaz/rapaza/rapaces” ata novembro deste ano. Abanca cobra 3€ en comisións a aquelas persoas que non teñen conta, non así se o ingreso se fai no caixeiro automático que Abanca dispón no Carballiño. Se o preferides, podedes facer unha transferencia dende o voso banco, ou darlle a cota a calquera membro da directiva.

Deberase cubrir e entregar a un membro da directiva a autorización para que poidamos colgar no blogue (http://anpavirxendasela.jimdo.com) ou no Facebook as fotos de todos os que alí estemos, ou difundir imaxes/vídeos dos diferentes blogues do colexio.

Como novidade, este ano crearemos un grupo de Whatsapp que nos permitirá ser máis áxiles á hora de comunicarvos novas. Este grupo no que só poderá enviar información a directiva, terá unha vixencia do curso escolar e só será para aqueles socios que así o desexen. Para darse de alta no seguinte formulario https://forms.gle/KuGJepD3eFETvnJf7

Así mesmo, vos animamos a participar, propoñer, comentarnos incidencias, erros, e nolo fagades chegar, en persoa a calquera membro da directiva, ou no correo anpavirxendasela <@> gmail.com ou no teléfono XXX XXX XXX.

 

Sen mais, recibide o agradecemento por adiantado pola vosa colaboración e un caloroso saúdo de toda a directiva 

 

A Directiva da ANPA Virxen da Sela

Caneta de Poeta

Caneta de Poeta visitou o noso centro e fixo que os nosos rapaces e rapazas desfrutaran coa sopa de versos. Estas son as palabras que nos adicou:

 

Hoxe a -sopa de versos- ferveu no CEIP PENDA DA SELA do Irixo...vaia orgullo de Centro! Alucinei coa a sensibilidade dxs meniñxs e pasámolo piruleta versando dainfancia, das inxustizas do téxtil, do tango e da muiñeira, das améndoas e do sol, dxs voluntarixs na África empobrecida, do país das marabillas...en fin, que é unha gozada incalculable poder traballar eisí coas palabras, dándoas ó xogo, construíndo mundos: aprendendo...dá gusto un rural que aposte por unha educación que empodere tanto ás crianzas...na Pena da Sela respírase aire feliz e decidido...PASADA ABASOLUTA! 
Xa colgarei os debuxos que lles toca agora faguer coas mestras...
OBRIGADO!

 

Moitas gracias a ti tamén

A Hora do Código

Dentro das iniciativas que propomos a todo o alumnado do noso colexio, está a iniciativa da Hora do Código https://hourofcode.com/es. Tal e como alí comentan, A Hora do Código é un momevento global, que chega a decenas de millóns de estudiantes en máis de 180 paises, e que este ano será o terceiro ano que se celebra no noso colexio. 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (https://www.cpeig.gal/) ó que lle temos que dar as gracias pola promoción desta iniciativa en Galicia http://www.horadocodigo.gal/, que promoverán actividades moi interesantes xunto coa Escola Superior de Enxeñaría en Informática de Ourense e a Facultade de Informática da Coruña.

As idades ás que están orientadas estas actividades son para rapaces e rapazas de entre 4 e 104 anos, polo que vos animamos a todos e todas a participar.

CCA O Carballiño

Un ano máis vimos de renovar o convenio co CCA do Carballiño, polo que as familias socias da ANPA do noso centro poderanse beneficiar de numerosos descontos nos establecementos adheridos, sempre que presenten o carnet acreditativo, durante o curso escolar 2017-2018. Quédanos por confirmar a data e a hora de recollida dos carnets. 

Engadimos o enlace á nova http://copecarballino.es/novas/o-centro-comercial-aberto-e-anpas-da-comarca-formalizan-un-convenio-que-facilita-descontos e aproveitamos para felicitar ó CCA do Carballiño pola iniciativa, e animámolos a facer máis iniciativas coma esta.

0 comentarios

Circular 17.18-01

Pais e nais dos alumnos e alumnas do Colexio Virxe da Pena da Sela:

 

Benvidos a todos ó novo curso 2017-2018. 

Unha vez mais queremos aproveitar a ocasión para pedirvos de novo un esforzo para facer da vosa ANPA unha asociación forte, e iso só se consigue coa vosa axuda. Este ano a cota será de 12€ por familia, e que permitirá desenrolar actividades como as que fixemos no curso pasado como por exemplo:

  • Taller da Hora do Código, evento mundial no que entre outras cousas, puidemos ver o funcionamento dunha impresora 3D
  • Charla Redes Sociais e Menores: riscos e oportunidades con D. Fernando Suárez presidente do CPEIG, que organizamos xunto coa ANPA da Uceira
  • Entrevista na radio, publicidade para o colexio, carnés desconto, charlas sobre drogodependencia…

A cota poderase ingresar na conta de ABanca indicando o “nome do pai/nai/titor ou rapaz/rapaza/rapaces” ata novembro deste ano.

Como novidade, deberase cubrir e entregar a un membro da directiva unha autorización para que no caso dalgunha actividade, poidamos colgar no blogue (http://anpavirxendasela.jimdo.com), ou no Facebook as fotos de todos os que alí estemos.

Tamén temos o pracer de poder anunciarvos un dos éxitos do ano pasado e que cremos que será beneficioso para todos: o autobús escolar dende O Carballiño ó Servizo Municipal de Familias Madrugadoras. Unha aposta moi forte por parte do Concello de O Irixo para poder manter e incrementar o noso alumnado, necesario para a supervivencia do propio centro.

Así mesmo, vos recordamos que de haberen algunha incidencia ou erro que vos poda afectar, facédenolo chegar para intentar porlle solución o antes posible. Tamén vos animamos a participar, e alimentar novas propostas que sexan interesantes tanto para pais e nais como para os alumnos e alumnas.

Sen mais, recibide o agradecemento por adiantado pola vosa colaboración e un caloroso saúdo de toda a directiva 

 

A Directiva da ANPA Virxen da Sela