Circular 19.20-01

Pais e nais dos alumnos e alumnas do Colexio Virxe da Pena da Sela benvidos e benvidas ó curso 2019-2020.

Queremos aproveitar a ocasión para pedirvos, tanto os que entrades este ano por primeira vez como os que xa temos algo de veteranía, un esforzo para facer da vosa ANPA unha asociación forte, e iso só se consegue coa vosa axuda. Este ano mantemos a cota de 12€ por familia, e que permitirá desenvolver actividades como as que fixemos en cursos pasados:

  • Visitas de contacontos, cine, entroido, Obradoiro Hora do Código, planetario, festas de fin de curso, mago, merendas...
  • Charlas e entrevistas: Redes Sociais e Menores: riscos e oportunidades con D. F. Suárez presidente do CPEIG, Drogodependencia, radio...

Como tamén disfrutar de servizos moi interesantes:

  • Servizo de autobús dende O Carballiño
  • Outras vantaxes, como carné de desconto

A cota poderase ingresar na conta IBAN ESXXXXXXXXXXXXXXX de ABanca de O Irixo indicando o “nome do pai/nai/titor ou rapaz/rapaza/rapaces” ata novembro deste ano. Abanca cobra 3€ en comisións a aquelas persoas que non teñen conta, non así se o ingreso se fai no caixeiro automático que Abanca dispón no Carballiño. Se o preferides, podedes facer unha transferencia dende o voso banco, ou darlle a cota a calquera membro da directiva.

Deberase cubrir e entregar a un membro da directiva a autorización para que poidamos colgar no blogue (http://anpavirxendasela.jimdo.com) ou no Facebook as fotos de todos os que alí estemos, ou difundir imaxes/vídeos dos diferentes blogues do colexio.

Como novidade, este ano crearemos un grupo de Whatsapp que nos permitirá ser máis áxiles á hora de comunicarvos novas. Este grupo no que só poderá enviar información a directiva, terá unha vixencia do curso escolar e só será para aqueles socios que así o desexen. Para darse de alta no seguinte formulario https://forms.gle/KuGJepD3eFETvnJf7

Así mesmo, vos animamos a participar, propoñer, comentarnos incidencias, erros, e nolo fagades chegar, en persoa a calquera membro da directiva, ou no correo anpavirxendasela <@> gmail.com ou no teléfono XXX XXX XXX.

 

Sen mais, recibide o agradecemento por adiantado pola vosa colaboración e un caloroso saúdo de toda a directiva 

 

A Directiva da ANPA Virxen da Sela