Entrevista na radio

Neste enlace poderás escoitar a entrevista que lle fixeron a 2 pais de alumnos do noso colexio na radio Cope Carballiño, no que entre outras cousas salientan que o colexio conta cos Plan PROA, para o reforzo educativo dos cativos e cativas, o Plan PROXECTA, o proxecto deportivo no participan no Xogade, o Plan B de Bibliotecas, que só 20 colexios dispoñen.

A calidade humana é outro dos puntos que se remarcan, posto que os profesores están moi implicados co alumnado, facendo obras audiovisuais, festivais, saídas culturais, revistas... E tamén na cociña, que é preparada no propio centro para todos os rapaces e rapazas.