Concurso DESEÑA A TÚA ANPA

 

1-Obxectivo: Trátase de crear un logotipo destinado a representar a imaxe da nosa asociación en calquera tipo de soporte de difusión, información ou publicidade, que poderá ser utilizado en todas as actuacións da ANPA, o mesmo tempo que se fomenta a creatividade e a participación de tódolos nen@s.

 

 

 

2-Tema: O deseño deberá simbolizar ó menos un dos seguintes elementos:

 

- Unha asociación de nais e pais.

 

- A condición de centro educativo de infantil e primaria.

 

- A educación.

 

- O concello do Irixo.

 

- Ou calquer outro aspecto relaccionado con dita temática.

 

 

 

3-Participantes: Poderán presentar obras a concurso, todas as familias do centro, entendendo como tales os nen@s de calquera idade, alumnos do centro, durante o presente curso escolar.

 

 

 

4-Propostas:

 

 - A técnica será libre.

 

 - O logotipo deberá ser orixinal e inédito.

 

 

 

Valorarase a creatividade, a orixinalidade e que o traballo sexa identificador da asociación.

 

Os traballos presentaranse en papel ou cartulina non excedendo o tamaño A4.

 

O prazo límite de entrega será o 21 de outubro.

 

O premio ó gañador será un vale por valor de 30 euros para utilizar en libraría.

A participación do concurso implica a total aceptación das bases.

 

Impressions

Comentarios: 1 (Discusión cerrada)
  • #1

    Álvaro (jueves, 06 octubre 2016 20:50)

    Desexando ver os resultados!