Presentación

saúdos da nova directiva

Ben queridos pais e nais dos alumnos do Colexio CEIP Virxe da Pena da Sela:

 

Como ben saberedes, dende finais de xuño de 2016 existe unha nova directiva da ANPA Virxen da Sela, a asociación de pais e nais do Colexio Virxen da Pena da Sela. Con esta entrada no blogue queremos aproveitar para presentarnos como nova directiva e para dicir que a ANPA é a representación de todos os pais e nais dos alumnos do colexio, e como asociación, de todos os socios; é un medio para facermos cousas todos xuntos, solucionar problemas que estén nas nosas mans ou calquera outro tipo de inicidente, polo tanto, ó sermos un grupo pequeno, vos pedimos a vosa axuda, tanto para novas ideas, como para facelas. Toda axuda, comentario e crítica constructiva sempre será benvida.

 

O obxectivo dunha asociación é ter socios, cantos mais socios sexamos mais forza poderemos facer. Por iso vos pedimos a todolos pais e nais dos alumnos un pequeno esforzo e vos fagades socios. A cota é de 10 € por familia para o período escolar 2016-2017, o que nos permitirá desenrolalas actividades que consideremos interesantes tanto para os nenos, como para os pais. A cota poderase ingresar na conta de Abanca indicando o “nome do pai/nai/titor ou rapaz”.

 

Empezamos con moitas ganas e ilusións nesta nova andaina, e xa puxemos en marcha esta web http://anpavirxendasela.jimdo.com na que se poderán consultar novas, actividades programadas, e outras cousas que consideremos de interese para todos nos. Ademais tamén nos poderedes atopar no correo electrónico anpavirxendasela@gmail.com ou na sección contacto da web da propia web nhttp://anpavirxendasela.jimdo.com/contacto no que nos podedes facer chegar calquer idea, suxerencia que teñades.

 

Estas ganas foron as que nos levaron a presentar o noso primeiro escrito ante o Concello do Irixo solicitando melloras nas infraestructuras do mesmo. Este escrito foi presentado no rexistro o día 9 de agosto 2016.

 

Sabemos que non é un traballo só do concello, se non de todos nós, precisamos de difusión das bondades das que dispomos como por exemplo o ratio mestre/alumno (e a grande disposición, traballo e calidade persoal dos mestres que ata o de agora tiveron os nosos fillos e fillas), horario dende as 9:30 en horario lectivo normal (moita xente queixase do horario doutros colexios do arredor, nos que empezan ás 10:15 e case é media mañan), comedor (este ano tampouco se quedou ninguén sen comedor, co que facilita os horarios de pais e nais), actividades extraescolares no propio centro (moitas e diversas), e algunha outra actividade que intentaremos promover dende a ANPA.

 

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo


 



Comentarios: 0 (Discusión cerrada)
    Todavía no hay comentarios.